COMPLETADO O PANEL DE POÑENTES
DO FALAME SEMPRE
- A nova edición do evento de moda que se celebra baixo formato PECHA KUCHA terá lugar o o xoves 20 de abril.
- Nesta ocasión o tema elixido é turismo, cultura e territorio
- Contaremos con 5 poñentes que terán pouco mais de 6 minutos para explicarnos a súa experiencia
Boiro, 14 de abril de 2023
A A.B.E. e o CONCELLO DE BOIRO organizan unha nova edición dun dos eventos mais agardados na programación anual da asociación, o pecha kucha de experiencias innovadoras con empresas creativas que celebrase o xoves 20 de abril ás 20:30 horas no salón de actos da ABE.
Un evento que por causa da pandemia non se celebraba dende 2019 e que xa vai pola súa novena edición, o publico fiel do evento recordará que nesa ocasión mudouse o nome (FÁLAME SEMPRE) pero continuase co mesmo formato Pecha Kucha de 20 IMAXES x 20 SEGUNDOS, co que presentaranse 5 iniciativas innovadoras que explicarán ao público “como o fan” para servir de inspiración a empresarios, emprendedores e demais asistentes ao evento.
A temática elexía para esta edición é turismo, cultura e territorio e baixo este fío condutor iranse desenvolvendo as 5 presentacións.
Participantes
Mancomunidade Barbanza Arousa
IXP Terra de Barbanza e Iria
Restaurante Moanin
Patrimonio Industrial
Festivais para un territorio
Recordar que a entrada é libre e gratuíta pero que é preciso reservar asento xa que o aforo limitase a 80 butacas do salón de actos da ABE onde ao remate servirase un pincho.
Reseñas poñentes
Mancomunidade Barbanza Arousa
É unha entidade pública local de ámbito supramunicipal, creada en 1974 para mancomunar servizos entre os concellos que forman a comarca do Barbanza (A Pobra do Caramiñal, Boiro, Rianxo e Ribeira), situados na zona norte da ría de Arousa (provincia da Coruña).
No 2002 a Mancomunidade céntrase nun dos seus obxectivos, o turismo, implantando accións para consolidar Barbanza Arousa como un destino turístico diferenciado e de calidade dentro do panorama nacional e internacional.
Na actualidade, Barbanza Arousa fortaleceuse como destino grazas, en boa medida, á súa posta en valor mediante a colaboración e sensibilización co sector empresarial e a poboación local.
Fatima Cachafeiro, Xerente da entidade nos explicará o traballo que están desenvolvendo e sobre todo os contidos do novo plan de sostibilidade turística que acadou unha financiación de 1,5 millóns de euros dos fondos Next Generation
https://barbanzarousa.gal/inicio/es/
IXP Terra de Barbanza e Iria
Documentos eclesiásticos do século XVII, cando estas terras pertencían ao arciprestado de Iria, sinalan que «todo alcanza muy buena tierra de pan trigo, mijo, centeno y viñas en que se recoge razonable vino».
Atópanse referencias en diferentes fontes históricas ata o século XIX, cando xa Rosalía fala en Follas Novas das «albariñas uvas» no seu poema «¡Terra a nosa!»: «¡Ouh miña parra de albariñas uvas, / que a túa sombra me das! [...] / ¡Xa non vos deixo, que as angustias negras / lonxe de min se irán!».
A zona baixa do litoral norte da ría de Arousa mais o leito inferior e desembocadura do río Ulla configuran esta comarca costeira onde case a totalidade da superficie dedicada ao cultivo de viñedos se atopa por debaixo dos 150 m sobre o nivel do mar, con suaves pendentes de orientación sur, protexidas pola serra do Barbanza, que achegan condicións idóneas para obter viños equilibrados e harmoniosos, con excelentes expresións aromáticas e boas características de conservación.
Para falarnos de viño, cultura e territorio contaremos coa presencia de varios dos bodegueiros adscritos a esta IXP.
https://xn--vios-hqa.ixp.gal/es/indicaciones/vino-da-terra-de-barbanza-e-iria
Restaurante Moanin
Cocina feita con produtos de “proximidade” pero cun carácter viaxeiro, unha búsqueda de sabores auténticos adquiridos da experiencia: do profundo respecto ao produto y cun un punto de creatividade.
Moanin nace do desfrute e a paixón de degustar sabores e comidas do mundo co el obxectivo de sorprender ao cliente.
Desde una perspectiva autodidacta Luisma e Mirian , os propietarios que serán quenes nos acompañen na presentación, entréganse en corpo e mente ao que máis lles gusta para que seus visitantes desfruten de momentos especiais e únicos a través da cociña.
https://restaurantemoanin.com/
Patrimonio Industrial por Iria Caamaño
Unha parte inportante da estratexía turistica proposta para a comarca do Barbanza refírese a posta en marcha dun museo da conserva, para profundizar sobre este tipo de recusos contaremos con Iria Caamaño, Doutora en Dirección e Planificación do Turismo pola Universidade de A Coruña
“Su carrera académica, hasta el año 2020, la ha simultaneado con una carrera profesional que suma más de 10 años de experiencia y que ha estado enfocada, principalmente, al ámbito de la comercialización e intermediación turística, así como a la consultoría lo cual, sin duda, ha enriquecido enormemente su perfil científico y docente.
Actualmente, es profesora del Departamento de Sociología en la Facultad de Turismo de la Universidade da Coruña, donde imparte docencia en Grado y Máster. Sus principales líneas de investigación se centran en el impacto y papel del turismo en el desarrollo local desde su amplia visión”
Festivais para un territorio
17° Ribeira Sacra Festival, Esférica Rioja Alavesa e Nómade Alcusses-Alforins forman parte da familia de Festivales Para Un Territorio.
Estes tres festivais celébranse en territorios con diferente orixe e linguas diversas, pero todos teñen algo en común: a súa riqueza patrimonial, artística, histórica e vinícola, con grandes perspectivas de desarrollo.
Cada evento está deseñado a medida do seu territorio, cultura e riqueza, e en todos eles teñen cabida a música, o arte, a terra e a gastronomía. Neles encontrarás música en directo en escenarios singulares, unha selección coidada da mellor gastronomía elaborada con produtos locais e de calidade e un entorno privilexiado que admirar.
Para falarnos da experiencia completa contaremos coa presenza do promotor dos festivais, Carlos Montilla.
https://festivalesparaunterritorio.com/